Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxea á poeta Matilde Lloria

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira de Redondela acolle hoxe, ás 19.00 horas, unha homenaxe á poetisa Matilde Lloria polo centenario do seu nacemento. O acto contará coa presenza do escritor e membro da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, que ofrecerá unha conferencia titulada “Poetas alófonos en lingua galega, de Federico García Lorca a Matilde Lloria”.

No acto intervirá tamén Conchita Lloria, sobriña da escritora, que lembrará a figura da súa tía. Natural de Valencia, Matilde Lloria viviu durante moitos anos na provincia de Ourense, a onde se de trasladou co seu home, doutor de profesión, despois da Guerra Civil. Alí coñeceron a importantes persoeiros da vida cultural e intelectual galega, como Vicente Risco, Otero Pedrayo ou Florentino Cuevillas, que destacaron o importante traballo literario de Matilde Lloria en galego. A homenaxe contará tamén cun recital poético.  

Conchita Lloria
A sobriña da escritora fala do mundo cultural e intelectual no que se movía a súa tía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará