Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición reproba a xestión da concellería de Cultura

RR_Noticias

No pleno do mes de decembro AER presentou unha moción para a reprobación de Alberto Pazos “pola súa xestión” na concellería de Cultura, Turismo e Patrimonio. Os grupos de PSOE e BNG, que rexeitan tamén a política municipal nesta materia, fixeron extensiva a crítica a todo o goberno local e ó alcalde, como “máximo responsable” do Concello. O edil de Cultura enumerou “os logros” do seu departamento nos últimos 18 meses, con éxitos como o Entroido de Verán, o Ano Casto Sampedro ou o museo Meirande.

O concelleiro Jorge Varela, que presentou a reprobación, criticou a falta dunhas bases “obxectivas” para regular as subvencións ós colectivos do municipio, tal como piden as propias asociacións culturais. E lembrou unha vez máis o polémico “Lolapop”, festival que custou case 25.000 euros ás arcas municipais, e ó que asistiron so “unhas mil persoas”. Desde o BNG, Cecilia Pérez manifestou “non compartir a política cultural municipal”, pero evitou limitar a responsabilidade desa xestión a Alberto Pazos, e fíxoa extensiva ó resto do goberno do PP e en especial ó alcalde, Javier Bas, responsable último das políticas do Concello. Do mesmo xeito se expresou o voceiro do PSOE Luis Orge, que entende que “poñer o foco” en Alberto Pazos é “un erro”, xa que ao seu entender todo o goberno local é responsable. Pola súa banda o concelleiro Pazos Couñago fixo unha valoración positiva dos logros alcanzados na área de Cultura, Turismo e Patrimonio nestes 17 meses. Salientou en material cultural o Entroido de Verán, como o de maior éxito da historia, as melloras na Festa do Choco, a celebración do Ano Casto Sampedro, a Escola de Música de Chapela, o muso Meirande, ou o Festival Lareta. En canto ó Turismo salientou a apertura a promoción da illa de San Simón, coa visita de 5.500 persoas, e na xestión de Patrimonio Salientou a recuperación do Viaduto de Madrid, que comezará en breve, e a posta en valor dos restos arqueolóxicos de Monte Penide.  

Jorge Varela AER
A Agrupación de Electores reproba a xestión da concellería de Cultura.
Cecilia Pérez BNG
Os nacionalistas fan extensiva a crítica a todo o goberno municipal.
Luis Orge PSOE
Os socialistas fan extensiva a crítica a todo o goberno local.
Alberto Pazos PP
O edil de Cultura salienta os logros do seu departamento nos últimos 17 meses.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará