O próximo Sábado, 22 de Decembro, as 18 horas no Multiusos de Chapela, a Asociación Cultural e Social de Chapela celebra o seu Festival de Nadal . Este ano coa realización dun musical baseado no conto de Charles Dikens “Cuentos de Navidad”. No mesmo colaborarán os grupos da Asociación, que porán a nota musical deste festival.
Non se esquecen dos mais pequenos, por iso, haberá moitas sorpresas para eles, así como a visita de alguén moi coñecido por todos e que repartirá caramelos. Tamén durante o festival farase o nomeamento do Socio Honorífico do Ano 2012 . Asociación Cultural acordou o pasado 2011 facer este Nomeamento cada ano, durante o festival de Nadal ,facendo así un recoñecemento público a persoas, institucións, ou organismos que o longo do ano tiveran traballado ou realizado xestións de forma desinteresada en beneficio da Asociación. O Pasado ano este Nomeamento Recaeu en Begoña Rial García nestes momentos Directora e profesora da Escola de Música de Chapela e compoñente da Banda de Música da Parroquia. A finalización do Festival, a Asociación Cultural e Social de Chapela sorteara entre os seus socios unha cesta de Nadal e convidaraos a unha degustación de produtos típicos de estas festas.