Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre as taxas xudiciais “Pola defensa do servizo público da Xustiza para todos”

RR_Noticias

A Plataforma “Por unha Xustiza para Tod@s”, a Federación de Asociacións de Veciñ@s, Consumidor@s e Usuari@s, San Simón e a Asociación Cultural Alén Nós de Redondela organizan unha charla-coloquio o mércores sobre a nova Lei de Tasas Xudiciais Deste xeito pretenden dar conta á cidadanía “de como lle vai afectar a toda a sociedade” a implantación destas novas taxas.

Os colectivos convocantes opóñense á Lei 10/2012 (Lei de Taxas) ao entender que crea unha xustiza “só para os ricos”, mentres deixa á inmensa maioría da sociedade sen posibilidades de acudir á xustiza a defender seus dereitos “porque non poderán pagala”. Pablo Valeiras, portavoz de Xustiza de CC.OO. Galicia, explica que agora a cidadanía terá que pagar por xestións que ata agora “eran de balde”. E pon exemplos claros. O recurso dunha multa de 100 euros custará 200 euros, polo que disuadirá a moitos cidadáns de exercer o dereito a reclamar xudicialmente, “aínda que pensen que teñen razón”. Os colectivos denuncian ademais que só quedarán exentos do pago destas taxas aquelas unidades familiares que ingresen menos de 1.200 euros mensuais.A charla, no Multiusos da Xunqueira, será mañá mércores, ás 20:00 horas. Iintervirán Fabián Valero, Presidente da Asociación Avogados Novos e os letrados Josefina Barros e Manuel Ángel García, da Asociación Un Colexio para todos. Moderará o debate Mercedes Porrit Lueiro Sindicatos e outras organizacións comezaron a recollida de firmas en contra da Lei de Taxas Xudiciais, e agardan presentar no Ministerio de Xustiza máis de 500.000 apoios no mes de xaneiro.  

Pablo Valeiras CC.OO. Xustiza
As novas taxas limitan ó acceso da cidadanía á Xustiza.
Novas taxas xudiciais
Pablo Valeiras pon dous exemplos claros de como afectan ós cidadáns as novas taxas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará