Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Volta o voluntariado ambiental a Redondela cun traballo integral de recuperación do litoral

RR_Noticias

Este venres 21 de decembro ás 13 horas no Salón de Plenos de Redondela preséntanse parte das accións do proxecto financiado polos Grupo de Acción Costeira, “Mar, traballo e patrimonio: Descobre a Enseada de San Simón” promovido polo Concello de Redondela e coordinado pola cooperativa Trespés. O venres estableceranse os marcos da formación da acción de voluntariado ambiental enmarcados no proxecto.

O voluntariado ambiental centrarase na custodia de tres puntos do litoral redondelán e pretende limpar e mellorar o estado de conservación do litoral. A xornada está destinada a todas aquelas persoas ou grupos de persoas interesadas en participar neste novo programa de conservación do entorno. Esta supón a primeira das reunións previstas para a formación dun grupo de voluntariado que actuará no 2013 na costa redondelá. O proxecto “Mar, traballo e patrimonio. Descobre a Enseada de San Simón” pretende aproximar o patrimonio cultural-industrial, natural e a actividade produtiva-extractiva presente na Enseada á comunidade escolar, explorar oportunidades de negocio no sector turístico e, de forma complementaria, establecer estratexias para a mellora ambiental da Enseada. A visión holística e multifuncional deste espazo marítimo-terrestre é a base teórica sobre a que se asenta o proxecto e as súas actividades que comezan xa neste final de 2012 e que serán desenvolvidas durante o ano 2013. Entre as actividades do proxecto se inclúen saídas pedagóxicas, rutas turísticas, voluntariado ambiental no litoral, xornadas sobre o patrimonio industrial da Enseada e a creación dunha web.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará