Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Apalpador chega á Biblioteca de Chapela da man de Xurxo Valcárcel e Pepe Carreiro

RR_Noticias

Este venres, ás 18:30 horas, os máis pequenos poderán celebrar o inicio das vacacións de Nadal coñecendo ao Apalpador. Nenos e non tan nenos poderán gozar da obra “A noite do Apalpador”un poema ilustrado sobre unha das tradicións galegas máis fermosas do Nadal, recollida nas aldeas do Courel.

Xurxo Valcárcel, autor do poema, achegaralle ós nenos a figura deste entrañable carboeiro, que no Nadal baixa das fragas do Courel para apalpar as barrigas dos nenos, comprobar que están ben mantidos e deixarlles castañas e algún pequeno agasallo. A tradición do Apalpador foi recuperada desde hai algúns anos grazas ó traballo do antropólogo Xosé André López, que logo foi recollido por diferentes agrupacións culturais. A súa orixe é a mesma que a de outras tradicións precristiás, o Papá Noel ou outras figuras semellantes espalladas por Europa. A cita contará tamén coa presenza de Pepe Carreiro, coñecido ilustrador e creador de famosos personaxes da literatura infantil galega, que fará debuxos do Apalpador. A actividade é gratuíta e a entrada libre, ata completar aforamento. Os asistentes recibirán como agasallo exemplares do libro, editado polo Concello de Redondela.  

Xurxo Valcárcel
O autor do poema falaralles ao nenos do Apalpador e das fragas do Courel.
Tradición galega
As orixes do Apalpador galego son comúns ás doutras tradicións europeas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará