A comisión de festas dálle a benvida ó 2013 cun gran concerto nunha carpa climatizada para máis de 2.300 persoas e climatizada no campo de fútbol de Cesantes,.A actuación do grupo no Viso suporá un investimento de máis de 20.000 euros que os organizadores esperan recuperar coa venda de entradas e as consumicións.
O aforamento de entrada á festa será limitado a unhas 2.300 persoas, malia que a carpa ten capacidade para 3.000. A instalación contará con chan de madeira, calefacción e dobre teito, polo que o frío da noite non impedirá gozar da festa cun bo ambiente. As portas do recinto abriranse á unha da madrugada. A orquestra comezará ás 02.30 horas para ofrecer un gran concerto no que farán bailar ó público “ata que o corpo aguante”. Haberá parking gratuíto, chocolate con churros, servizo de roupeiro e baños. A entrada é de 15 euros se se fai con antelación e 20 no despacho de billetes.