O accidente produciuse ás 7.00 horas desta mañá. Foi un particular o que alertou da colisión na estrada nacional. Efectivos do Grumir de Redondela e bombeiros de Vigo excarceraron á muller, que foi trasladada a un centro hospitalario.
Segundo as primeiras investigacións a condutora podería ter quedado durmida ó volante, e ao perder o control do vehículo foi bater contra outro coche que estaba aparcado. O dispositivo para liberala do amasillo de ferros do coche prolongouse ata ás 9.00 horas. Até o lugar tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Tráfico, Policía Local e efectivos do 061.