Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festival de Danza solidario no Multiusos

RR_Noticias

A Escola de Danza Déborah Alfaya organiza o domingo un festival solidario a beneficio da ONG redondelá DaMan, que traballa en Senegal con programas de sanidade e educación. A entrada-donativo custa 3 euros, unha pequena cantidade de cartos que serve, por exemplo, para que un neno poida comer todo o mes na escola aberta pola ONG.

A cita é o domingo ás 18.30, no Multiusos da Xunqueira, e os que asistan poderán coñecer tamén o traballo que fan os voluntarios de DaMan nas localidades de Bandafassi y Dindefelou, preto da fronteira con Mali. A organización leva desde o ano 2009 traballando nesa zona, unha das máis pobres e desfavorecidas do país. A escola, que comezou a funcionar o ano pasado, conta xa con dúas aulas, ten placas solares, luz e auga, e mesmo dispoñen de conexión a internet “unhas horas ao mes”. Á escola acoden cada día 105 nenos, que son atendidos por mestres que financia o Ministerio de Educación de Senegal. Unha colaboración “moi importante”, segundo explica Pilar Martínez, a presidenta de Da Man, xa que sempre traballan “en coordinación” coas autoridades locais. Na escola, ademais de recibir formación, os nenos comen todos os días. DaMan fai un seguimento dos programas ó longo de todo o ano, e teñen mellorado a alimentación da poboación ao introducir o ovo na dieta. Deste xeito teñen diminuído os problemas de anemia e desnutrición na zona. Os programas sanitarios permiten tamén facer un seguimento da poboación, e mellorouse a situación das mulleres con matronas que fan controis dos embarazos.  

Pilar Martínez presidenta de DaMan
As pequenas colaboracións son de moita axuda para o traballo da ONG.
Programas de DaMan
A ONG traballa en proxectos sanitarios e educativos en colaboración coas autoridades do país.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará