Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pon en valor a Enseada de San Simón cun programa de voluntariado ambiental

RR_Noticias

En xaneiro ponse en marcha o proxecto “Mar, traballo e patrimonio. Descobre a Enseada de San Simón”, que inclúe actuacións de limpeza no litoral de Redondela, visitas guiadas de alumnos da ESO á enseada e á illa, e tamén o centro de interpretación da Batalla de Rande “Meirande”, que se inaugurará na primavera.

O proxecto “Mar, traballo e patrimonio. Descobre a Enseada de San Simón”, promovido polo Concello e desenvolvido pola cooperativa Trespés, foi financiado polo GAC (Grupo de Acción Costeira) para a súa posta en marcha entre xaneiro e maio de 2013. Segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez Ballesteros, dará “continuidade” aos programas de voluntariado que xa realizaron nos ríos de Redondela ó longo deste ano. Pualo Jablonski, da cooperativa Trespés, explicou que as actividades previstas consisten nunha limpeza do litoral desde Rande ata Soutoxuste, visitas guiadas para os voluntarios e alumnos da ESO pola enseada e a illa de San Simón, a visita ao novo museo Meirande, e xornadas para coñecer o traballo da Confraría, tanto na pesca como no marisqueo. o museo de Rande, a illa de San Simón ou para coñecer o traballo das mariscadoras”, así como a elaboración dunha páxina web que dará a coñecer o proxecto. O alcalde Javier Bas, destacou que esta iniciativa persegue un dos obxectivos primordiais do goberno local, que é a promoción da enseada e a illa de San Simón, para atraer turismo “e situar a Redondela nos mapas”, dando a coñecer “o gran potencial deste enclave natural”. Estas actividades que impulsará o Concello de Redondela “incidirán na educación ambiental” e servirán ademais de “aproximación ao patrimonio cultural, industrial e as actividades produtivas-extractivas presentes na Enseada”. Os interesados en participar nas accións de voluntariado poden inscribirse no Concello de Redondela ou a través da páxina web www.redondela.es. O proxecto tamén se dará a coñecer a través da súa propia páxina en Internet.  

Miguel Ángel Álvarez concelleiro
O edil de Medio Ambiene fala do proxecto.
Javier Bas alcalde
O rexedor salienta a importancia de poñer en valor a Enseada de San Simón con proxectos deste tipo.
Paulo Jablonski cooperativa Trespés
O programa tenta achegar á sociedade o patrimonio natural histórico e industrial da enseada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará