Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Feira de troco de Senghasoil

RR_Noticias

O colectivo Senghasoil organiza unha feira de Nadal mañá xoves, de 16.00 a 20.00 horas, nos soportais do Concello de Redondela. A iniciativa consistirá nun mercado de intercambio de obxectos de segunda man (roupa, libros, xoguetes…). Tamén se repartirá chocolate quente entre os participantes.

A iniciativa, prevista para o pasado 14 de decembro tivera que suspenderse por mor do temporal. Mañá está previsto que se realice, e para iso animan a participar “a todo o mundo”. Anabea Rodríguez, do colectivo Senghasoil, explica que se trata dunha “boa alternativa ao consumismo”, para que todo aquel que o desexe poida ceder obxectos que xa non utiliza, como xoguetes, libros ou roupa, e cedelos a outras persoas que poden darlle utilidade. Tamén poden trocalo por outros obxectos cedidos por outras persoas. Un mercado “solidario” neste caso, co que Senghasoil quere fomentar que a sociedade “comparta” e viva estas festas dun xeito “máis humano”. Nunha época na que o desemprego e a crise están a facer que moitas familias “o pasen mal”, a feira quere servir tamén para que “ningún neno quede sen un xoguete” nestas festas. Trala xornada, todos os obxectos sobrantes serán doados a asociacións sen ánimo de lucro.  

Anabea Rodríguez de Senghasoil
A asociaión anima a toda a sociedade a participar neste mercado cedendo ou trocando obxectos.
Ningún neno sen xoguetes
Os xoguetes que xa non se utilizan poden ser moi útiles para outros nenos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará