Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados polas Preferentes comezan o ano con mobilizacións e protestas dirixidas ao FROB

RR_Noticias

Esta mañá volveron protagonizar concentracións diante das oficinas de Novagalicia Banco de Redondela, mañá xoves trasladaranse a Arcade e o venres a Cesantes, en horario de 10.00 a 12.00 horas. Esixen a devolución íntegra dos seus aforros, e rexeitan ser tratados como accionistas ou inversores da entidade.

A Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas de Redondela e Soutomaior continúa co seu calendario de protestas. Esta mañá foi nas sucursais do centro da vila de Redondela, onde protragonizaron tamén durante uns minutos un corte de tráfico na rúa Alfonso XII ao desprazarse desde a oficina da Praza de Ribadavia ata a da Praza de Figueroa. Carlos Igrexas, voceiro da plataforma, sinala que se ven na obriga de “intensificar” as protestas xa que as noticias que reciben son “cada vez peores”. Con estas medidas de presión tratan de impedir que o goberno central aplique a nova lei que os considera “accionistas do banco” e pretenden que se lles devolva de xeito “íntegro” os seus aforros. Unha petición que os afectados xa lle trasladaron a pasada semana ao alcalde de Redondela, Javier Bas, nunha xuntanza na que a Plataforma instou ao rexedor local a que medie por eles ante os gobernos autonómico e central, tal e como se acordou por unanimidade no pleno da corporación de Redondela. Igrexas explica que contan con apoio “de todos”, tanto partidos políticos como sindicatos e colectivos sociais, pero que a solución ten chegar do executivo de Mariano Rajoy, xa que agora o banco é “propiedade do FROB”, que á súa vez depende do goberno central. Mañá xoves continúan co calendario de protestas cunha concentración diante da oficina de NGB en Arcade de 10.00 a 12.00 horas. Xa pola tarde celebran unha asemblea ás 19.00 horas no Multiusos da Xunqueira para estudar futuras mobilizacións e estudar un cambio de estratexia. Igrexas explica que, agora que a entidade depende “ao 100% do FROB” as súas protestas e queixas deben ir dirixidas a este organismo. O venres, día 4, levarán a protesta diante da oficina de Novagalicia en Cesantes. A vindeira semana, o día 11 de xaneiro, as plataformas de toda a provincia convocan unha protesta diante da Deputación de Pontevedra.    

Carlos Igrexas voceiro
Piden que o goberno non trate aos pequenos aforradores como accionistas do banco.
Apoios institucionais
Contan co apoio do pleno da corporación de Redondela pero debe ser o executivo central o que tome medidas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará