Na procura dunha solución para todos os afectados por Participacións Preferentes e Subordinadas, a Plataforma de Afectados de Redondela decidiu realizar concentracións todos os martes e xoves, de 10.00 a 12.00 horas diante do Concello redondelán. Deste xeito demandan do alcalde, Javier Bas, e do resto de rexedores da comarca, que “presionen” ós gobernos autonómico e central para que resolvan “as máis de 30.000 solicitudes de arbitraxe” que están pendentes.
O colectivo entende que, se a día de hoxe Novagalicia Banco é 100% propiedade do FROB, a responsabilidade están en mans da Xunta de Galicia e o executivo de Mariano Rajoy. A nova situación levounos a cambiar “o enfoque” das súas protestas. Desde a próxima semana realizarán de concentracións no edificio do Concello de Redondela os martes e xoves de 10,00 a 12,00 h, como paso previo a un peche “indefinido”, para demandar do alcalde de Redondela e dos rexedores dos Concellos da comarca, que presionen “con maior insistencia”, tanto ao presidente da Xunta como ao presidente do Estado, para que se resolvan “as miles de solicitudes de arbitraxe” que están pendentes, así como a “paralización” do proceso de “quita” mentres non se resolvan as solicitudes de arbitraxe. Tamén teñen previsto acudir á concentración diante da Deputación de Pontevedra o día 11 de xaneiro de 10,30 a 12.30 h, convocada pola Coordinadora de Plataformas a nivel de todo o Estado. Neste punto, convidan tamén aos alcaldes de Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos para que acudan a esta concentración e “demostren” o seu apoio aos seus veciños afectados. Tamén protagonizarán unha concentración o xoves 10 de xaneiro, de 17,00 a 19,00 h, diante das sucursais de NGB de Redondela.