Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior insta ás administracións a previr os accidentes por mor das xeadas

RR_Noticias

Onte luns foron tres os sinistros que se rexistraron na estrada provincial EP-2901, que une Arcade e Amoedo, nas proximidades do castelo de Soutomaior por mor das placas de xeo que se forman neste tramo da vía, segundo denuncian os nacionalistas que instan ao goberno local a que active o protocolo contra as xeadas e inste ao resto das institucións competentes a que así o fagan para evitar máis accidentes nesta vía.

O BNG considera “inconcibible” que coñecendo as baixas temperaturas que se ían rexistrar nas últimas horas no concello nin a Deputación nin o goberno local tomasen as medidas precisas para frear as consecuencias negativas que teñen para a seguridade viaria as placas de xeo nas estradas, porén piden que se activen os protocolos de actuación e evitar máis accidentes como os da mañá de onte luns.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará