Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pecha os actos de homenaxe a Casto Sampedro cun concerto da Orquestra de Saxos

RR_Noticias

Esta tarde celébrase unha charla sobre a vida e a obra do intelectual redondelán a cargo de Julio Alonso. Será na Asociación de Veciños de Cabeiro ás 20.00. Mañá sábado, no Multiusos da Xunqueira terá lugar a clausura do Ano Casto Sampedro a partires das 19.30 horas, no que intervirán tamén Carlos Valle, Ángel Núñez, Amado Ricón e Xavier Groba.

Desde o pasado mes de novembro realizáronse actos de homenaxe, charlas e concertos sobre a obra de Sampedro ao cumprirse 75 anos do seu pasamento. Unhas xornadas que, segundo explica Julio Alonso, serviron para dar a coñecer ó gran público a vida e a obra deste ilustre redondelán. Sampedro foi un dos intelectuais galegos máis destacados da súa época. Avogado de profesión, investigou nos eidos da música, a historia, a etnografía e a arqueoloxía, foi membro fundador da Real Academia Galega e do Museo de Pontevedra, así como da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. A través das charlas impartidas nestas últimas semanas moitos redondeláns puideron coñecer parte do seu legado, e amosáronse “sorprendidos” por todo o traballo feito por Sampedro en diferentes campos da cultura. Para Alonso Monteagudo este é “un primeiro paso” para dar a coñecer a este importante persoeiro de Redondela, pero sinala que aínda “queda moito por facer”. Agarda tamén que actividades como este ano de homenaxe a Casto Sampedro teñan continuidade no futuro, e que este 2013 se destine a homenaxear a outro redondelán ilustre. O acto que pechará a homenaxe será mañá sábado, no Multiusos da Xunqueira, ás 19.30 horas, e rematará cun concerto da Orquestra de Saxos de Redondela que interpretará temas do Cancioneiro recollido por Sampedro.  

Julio Alonso Monteagudo
Confía en que se continúe co traballo de divulgación dos redondeláns ilustres.
Charla en Cabeiro
Os veciños terán a ocasión de saber máis sobre a figura de Casto Sampedro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará