Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comeza a construción de beirarrúas en Xunqueiras, Moscoso, Pazos e Amoedo

RR_Noticias

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pon en marcha os traballos en diferentes núcleos do municipio de Pazos de Borbén nas estradas da rede secundaria que unen Redondela-Forzáns e Mondariz-Moscoso.

Os núcleos de Moscoso, Pazos e Amoedo atópanse nas marxes da PO-250 entre Redondela e Forzáns mentres que o núcleo de Xunqueiras pertence á estrada PO-252 Mondariz-Moscoso. As estradas obxecto desta actuación encádranse dentro da Rede Secundaria da Xunta de Galicia. A actuación, que foi adxudicada a través da Sociedade Pública de Investimentos (SPI) por 115.000 euros á empresa Construcións Cadevergazo, beneficiará a preto de 3.200 veciños e veciñas do municipio de Pazos. O prazo de execución dos traballos é de dous meses. O aumento de poboación nos núcleos sinalados xustifica a construción de beirarrúas en zonas onde antes non eran necesarias co fin de resolver os problemas de tráfico peonil e mellorar a seguridade viaria. Así, o proxecto describe as obras necesarias para a construción de beiravías así como as súas correspondentes canalizacións de pluviais sen alterar en absoluto o trazado nin o perfil dos viais existentes.As beirarrúas dotaranse de pasos rebaixados para o uso de minusválidos e calquera outro carriño de manual de uso habitual (carritos de compra ou de bebés). Ao mesmo tempo procederase a anular as gabias de augas pluviais existentes repoñéndose a recollida de augas con un sistema de tubería de formigón e os seus correspondentes pozos de rexistro e sumidoiros. As obras realizaranse sen necesidade de ocupación de terreos de titularidade privada, actuando sempre en terreos de dominio público.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará