A utilización de maquinaria para dragar un treito duns 100 metros do río Maceiras, en Vilavella, constatan para o grupo municipal nacionalista un “desinterese” do goberno municipal pola preservación dos ríos redondeláns. Consideran dende o Bloque que o uso de maquinaria para sacar lama e area nesta parte do río, os pasados días, amosan unha “falla de sensibilidade medioambiental”.
O BNG entende que esta actuación debe vir avalada por informes técnicos e medioambientais, xa que esa zona do río Maceiras nos últimos anos estase a recuperar parte do entorno, cunha pequena xunqueira que pode servir de refuxio para animais, como os parrulos. Lamentan “a falta de criterio” do goberno local, que investiu 15.000 euros nun programa de “sensibilización dos ríos de ámbito europeo” e agora “meten máquinas para dragar o río”.