Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Parlamentarios de AGE visitan a AP-9 en Chapela para amosar o seu rexeitamento á ampliación

RR_Noticias

O proxecto do Ministerio de Fomento que contempla a ampliación da autoestrada desde a ponte de Rande ata Teis é rexeitado polos colectivos veciñais e sociais de Chapela, e tamén por todos os grupos políticos con representación municipal. Agora tamén os deputados de Alternativa Galega de Esquerdas Juan Fajardo, David Fernández e Eva Solla se suman a esta denuncia polo grave prexuizo social e ambiental da obra.

Está previsto que esta tarde, ás 16.30 horas fagan unha visita a zona para amosar o seu rexeitamento a esta obra, ademais de tratar o incumprimento da concesionaria coa normativa de contaminación acústica, ambiental e de mantemento da autoestrada. A visita faise por iniciativa da Plataforma de Afectados, e tamén participarán no percorrido a Plataforma Cidadá de Redondela contra a Autovía, Asociación de Veciños de Chapela, Comunidade de Montes, Plataforma Salva o Tren, Asociación Cultural de Rande e Anova Redondela. Logo da visita, ás 17.30, celebrarán unha xuntanza. A Plataforma de Afectados pola Ampliación da AP-9 convidou a todos os grupos da oposición a visitar o trazado. Tamén teñen confirmada a asistencia do BNG nos próximos días, e remitiron a invitación ó PSOE e á Ministra de Fomento Ana Pastor.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará