O escritor e avogado pontevedrés estará o venres ás 20.00 horas na biblioteca municipal, no Multiusos da Xunqueira. É o autor da triloxía Apocalipsis Z, a primeira historia de zombis ambientada en Galicia e que é éxito de ventas en España e tamén nos EEUU, Italia, Brasil, etc. Unha historia que sairá tamén en cómic no mes de marzo, e que será levada ao cine.
A súa primeira novela, Apocalipsis Z: El Principio del Fin, un thriller de terror, comezou como un blog en Internet que Manel escribía “para evadirse da aburrida literatura xurídica”. Debido ao gran éxito que alcanzou, con máis dun millón e medio de lectores online, foi publicado en 2007 converténdose automaticamente nun éxito de vendas. As súas dúas seguintes novelas, “Los Días Oscuros” e “La Ira de los Justos”, foron publicadas Plaza & Janés. Todas as súas novelas, traducidas a varios idiomas, convertéronse de maneira inmediata nun éxito de vendas, non só en España, senón noutros países como Italia ou Brasil onde se colocaron nas listas dos máis vendidos. Coa tradución ao inglés da súa primeira novela, baixo o título “Apocalypse Z: The Beginning of the End” alcanzou o número uno en vendas en Amazon USA dentro da categoría de Terror e o número 5 absoluto de vendas en EE.UU durante dúas semanas. Os seus libros foron traducidos a máis de dez idiomas e publicados en preto dunha trintena de países. O cómic de Apocalipse Z chegará en marzo da man da famosa editorial española Panini, con debuxos de Vicente Veigas. Tamén está previsto que este ano comece a rodaxe da versión cinematrográfica, logo de que as produtoras Vacafilms e Filmanova mercaran os dereitos. Loureiro tamén falará en Redondela da súa nova novela “El último pasajero”, que sairá á venda en maio e que está ambientada nun barco dos anos trinta quearrastra unha perigosa historia de pantasmas.