Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela rexistra un máximo histórico con 3.187 desempregados en xaneiro

RR_Noticias

O noso concello sumou 106 parados durante o primeiro mes do ano. Nos últimos dous meses foron máis de douscentos os redondeláns que quedaron sen emprego segundo os datos da Consellería de Traballo. Un incremento que tamén se rexistra en todos os municipios da contorna.

O número de desempregados en Redondela achégase aos 3.200 logo de que o pasado mes de xaneiro foran 106 as persoas que se anotaron nas antigas oficinas do INEM. Unha cifra que deixa o número de parados no noso concello nos 3.187. Se comparamos os datos cos de hai un ano son 172 persoas máis, xa que en xaneiro de 2012 os datos do paro en Redondela rexistraban 3.015 persoas sen traballo.
Notable, é tamén o crecemento do desemprego no resto dos municipios da contorna. En Soutomaior o comezo de 2013 deixou 11 parados máis ao pasar de 927 desempregados en decembro aos 938 do pasado mes. En relación a xaneiro de 2012 o balance é positivo xa que hai 15 persoas menos anotadas nas oficinas de emprego, doce meses antes este concello rexistraba 953 parados.
Pazos de Borbén foi o concello no que máis subiu o paro da nosa contorna ao sumar 34 desempregados o pasado mes, pasando dos 475 de decembro aos 509 de xaneiro. Datos que comparados aos de 2012 supoñen 41 desempregados máis que no mesmo período do ano anterior.
Fornelos de Montes tamén comezou o ano con datos negativos en canto a emprego, aumentando o número de subscritos ás oficinas de emprego en 14 persoas, pasando dos 251 cos que pechaba o 2012 aos 265 desempregados de xaneiro. Con respecto ao primeiro mes de 2012 supón 9 parados menos xa que hai un ano eran 274 os veciños de Fornelos que non tiñan traballo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará