No concurso poden participar persoas de todas as idades xa que se establecen dúas categorías, unha para rapaces de ata 14 anos e outra para os que teñan de 15 anos en diante. A técnica usada para o debuxo é libre e pode realizarse en papel, cartolina ou formato dixital. Os traballos poden entregarse ata o 15 de marzo.
Cada participante poderá presentar un único debuxo, que se introducirá nun sobre pechado no que se incluirán ademais os datos persoais do concursante (nome e dous apelidos, data de nacemento, enderezo, número de DNI, teléfono de contacto e correo electrónico). O debuxo poderá realizarse en papel ou cartolina tamaño A4, tamén se acepta o formato dixital (JPG, BMP, TIFF, PNG). Os traballos realizados en papel poderán entregarse no Pavillón do IES San Simón todos os venres de 17:30 a 18:30 horas, os que estean feitos en formato dixital serán enviados ao correo electrónico do club: c.b.redondela.chapela@gmail.com. O club establece un primeiro premio para cada unha das categorías consistente nun diploma e un lote de material deportivo. Os debuxos premiados quedarán en propiedade do Club Baloncesto Redondela, que poderá utilizalos no sucesivo como a súa mascota. O fallo do xurado, que estará formado pola Xunta Directiva do Club, será inapelable. A entrega de premios terá lugar no decurso do II Torneo Interescolar de Baloncesto que se celebrará o día 8 de xuño en Redondela.