O Concello de Redondela organiza un ano máis o ciclo Búrbida Máxica que hoxe comeza coa súa terceira edición, e que continuará os venres 15 e 22 de febreiro no Multiusos da Xunqueira. Os magos Noel, Xosé e Eloy Crespo abren esta noite o certame con malabares, maxia de salón e mentalismo. A cita é ás 21.00 horas con entrada de balde.
Tras a boa acollida do pasado ano preséntase unha nova edición de Búrbida Máxica, co apoio da Concellería de Cultura que aposta por unha nova proposta de lecer e cultura dirixida a xente nova e curiosa. Alberto Pazos, concelleiro de Cultura, salienta que se trata de “maxia de proximidade”, unha arte que en Redondela sempre tivo “moi boa acollida”. De feito o público, lonxe de sentar e ver o espectáculo no auditorio, deberá “atopar ao Mago”. Os magos estarán dispersos en tres sitios pouco convencionais .Na entrada repartirá cartóns de cores entre os asistentes e estes deben atopar a sala cuxo cor corresponda á súa entrada e empezará aí o seu percorrido máxico, polos diferentes espazos. O público será protagonista en todo momento do espectáculo, tomando decisións nos números e moitas veces serán os encargados de acabar o experimento. Hoxe á quenda dos magos Noel, con malabares, e os redondeláns Xosé e Eloy Crespo, con maxia de salón e mentalismo respectivamente. O 15 de febreiro estarán en Redodela os magos Eloy Mateos, que ofrece un espectáculo no que mistura o jazz, Xulio, con micromaxia, e Alán Golías, creador de grandes ilusión. O certame péchase o venres 22 de febreiro coa maxia de proximidade de Keko, a de salón de Xermán e a actuación especial do Mago Romarís, coa súa “maxia enxebre”.