O grupo de show do equipo redondelán participará no campionato, que se celebra o sábado día 23 cos espectáculos “Mirada perdida” e “Conexión”. Na pasada edición o club foi subcampión neste trofeo co tema “Inmersión”.
Á competición acoden vinte e dúas deportistas redondelás, de entre 14 e 18 anos, que participarán en dous grupos. O trofeo está organizado polo Club Aluche de Patinaxe Artística no Polideportivo Municipal de Aluche, coa colaboración do Concello de Madrid, Federación Española e Federación Madrileña de Patinaxe. O Club de Patinaxe Bolboreta creouse no ano 2004 por un grupo de nais do colexio de Reboreda. Unha iniciativa que naceu con algo máis dunha ducia de patinadoras e que na actualidade conta con máis dun cento de deportistas de entre 4 e 18 anos de idade.