Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Membros da Comisión de Economía do PP reuniranse cos afectados polas preferentes

RR_Noticias

O compromiso adquirido por Javier Bas coa Plataforma de Afectados polas Preferentes de Redondela era o de “xestionar” xunto con outros alcaldes galegos, unha reunión co presidente do goberno, Mariano Rajoy, ou o Ministro de Economía, Luis de Guindos. Ese encontro polo de agora non é posible, pero o compromiso do PP é que unha delegación de membros da Comisión de Economía do partido viaxe a Galicia para reunirse coas plataformas de afectados.

Carlos Igrexas, voceiro do colectivo de afectados de Redondela e comarca, explica que agora é o goberno central, a través do FROB, o que ten que dar unha solución ós afectados, xa que Novagalicia Banco foi nacionalizada. Unha demanda que xa lle transmitiron á deputada popular Irene Garrido, coa que mantiveron unha xuntanza na que tamén participou o rexedor redondelán Javier Bas. Outra das demandas dos afectados é que o proceso de arbitraxe “se axilice”, xa que entenden que desde as pasadas eleccións autonómicas está “paralizado”. Entenden que en lugar de ir “caso por caso” podería darse unha solución global a todos os afectados. Igrexas defende tamén a actuación do Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, que solicitou que se declarasen nulos os contratos de preferentes e subordinadas, e lamenta que o resto de estamentos “non poñan o mesmo esforzo” para dar unha resposta aos que se consideran “estafados” polo banco. A plataforma redondelá continúa coas protestas no Concello de Redondela os martes e venres, de 10.00 a 12.00 horas, e mañá sábado participarán na Coruña na manifestación convocada por todos os colectivos de afectados de Galicia.  

Carlos Igrexas voceiro da plataforma
Os afectados queren que o goberno central lles dea unha solución global.
Actuacións da xustiza
Igrexas aplaude o labor do Fiscal Superior de Galicia e lamenta que o resto de estamentos non se impliquen para dar unha solución.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará