Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un técnico de cultura mediará entre as asociacións e o Concello

RR_Noticias

Esa é unha das novidades que se porá en marcha coa chegada do novo concelleiro de Cultura, Julio Alonso tal e como se lle comunicou á Plataforma en Defensa da Cultura de Redondela nunha xuntanza na que tamén estiveron presentes o seu predecesor no cargo, Alberto Pazos así como o alcalde, Javier Bas. Na reunión abordáronse tamén outros temas como a normativa para o uso dos locais públicos, as novas bases para a concesión de axudas ou a situación actual do Convenio Interparroquial.

A Plataforma en Defensa da Cultura de Redondela afirmou logo da xuntanza mantiada o pasado mércores, que unha das apostas máis importantes do novo Concelleiro consistirá en crear a figura dun “técnico cultural capacitado que se encargará de mediar entre as asociacións e o concello, dando fluidez e eficacia a esta comunicación e que se encargará a súa vez da xestión do Museo Meirande”.
O uso dos locais públicos foi outro dos puntos de máis debate. Aseguran dende a Plataforma que os representantes do goberno defenderon as súas medidas de limitación horaria e de uso, en base o gasto adicional que supoñen as horas extras de persoal e  pola necesidade dun maior control para evitar danos nas instalacións. Uns argumentos que non convencen á plataforma motivo polo que pediron unha xuntanza coas entidades usuarias para analizar alternativas e incidiuse no caso diferencial da Casa da Cultura “onde as premisas expostas polo Concello non se dan, e mesmo é un lugar empregado habitualmente por todo tipo de entidades dun xeito ordenado, respectuoso, sen gastos adicionais por necesidades de persoal e sen ter constancia de danos nas instalacións”.
No que respecta ás bases de axudas culturais informouse ao colectivo que están practicamente rematadas e que a intención é facelas públicas previamente á súa publicación no BOP para que sexan estudadas por tódolos interesados e emendadas no que proceda, pretendéndose que entren en vigor no presente ano.
Outro dos temas tratados foi o do actual Convenio Interparroquial, que consiste nun circuíto de actuacións de grupos de diversa índole entre parroquias. Dende o Concello informaron que se está reformulando o seu formato e dende a Plataforma demandouse que se convocara canto antes a unha xuntanza ás entidades implicadas para explicar esa posible reformulación. 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará