As 12 do mediodía un cuarteto formado por alumnado e profesorado do IES de Chapela interpretará esta peza no vestíbulo do centro educativo. As sete da tarde os Carambolos sumaranse a esta homenaxe a Rosalía de Castro en Reboreda. Radio Redondela e o Servizo de Normalización organizan unha lectura de téxtos da poeta para conmemorar o aniversario da escritora galega e os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos.
O Concello de Redondela conmemora hoxe de diferentes xeitos o Día de Rosalía de cuxo aniversario se cumpriron onte 176 anos e que neste ano ten un carácter especial por coincidir co 150 aniversario da publicación de “Cantares Gallegos”. Co gallo desta celebración a Fundación Rosalía de Castro, a Real academia Galega e a universidade de Vigo, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos promoveron a interpretación masiva da “Alborada de Rosalía” en máis de 50 lugares do pais.Aínda que o día grande da celebración foi onte, o noso municipio acolle hoxe esta homenaxe musical, con dous actos que terán lugar en Chapela e Reboreda. O primeiro será as 12:10 da mañá no vestíbulo do IES de Chapela, lugar no que un cuarteto formado por alumnado e profesorado tocará a Alborada na versión de Ricardo Portela. Xa pola tarde a música dos gaiterios trasladarase a Reboreda cun acto progatonizado polos Carambolos ás 19:00 horas.A “Alborada de Rosalía” é unha peza musical escrita pola propia poeta e a súa interpretación masiva estase a escortar nas úlimas horas en diferentes vilas e cidades do pais.Homenaxe en Radio RedondelaRadio Redondela e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello súmanse tamén hoxe a esta homenaxe coa emisión dos textos da escritora a partir das once da mañá. Uns poemas gravados durante a pasada semana por vecinos e veciñas do noso municipio que se achegaron a esta emisora.