Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco imponse con dous goles de Chus

RR_Noticias

Os redondeláns aproveitáronse dun Verín que non levanta cabeza e fixéronse co triunfo a domicilio por 0-2, co que manteñen a 5ª praza do grupo. O Choco estivo moi ben colocado no campo e tratou en todo momento de sorprender ao contraataque ao porteiro Jorge, que apenas tivo que intervir.

Preferente Sur
Verín 0-2 Choco
O equipo ourensán tivo o partido controlado na primeira metade e dispuxo de catro ocasiones para adiantarse no marcador en disparos de Álex Castro, Camba, por dúas veces, e David Ginzo. Con todo, chegouse ao descanso co 0-0 inicial.
Tras o descanso, arrincou a segunda metade con máis presión para o Choco sobre a meta defendida por Jorge. Chus, que xa avisara no minuto 46, consegue o primeiro gol dous minutos máis tarde e isto desconcerta ao Verín. O equipo local pasa polos peores momentos do partido, e os homes de Miguel Sotelo fanse de novo donos do centro do campo. Os xogadores do Verín tratan de empatar o partido pero os seus dianteiros móstranse desacertados nos metros finais do partido e ten unha gran actuación o porteiro do Choco, Cortegoso. O Choco seguiu defendendo con moito acerto a súa portaría e busca matar o encontro co segundo gol, que chega no minuto 60. De novo Chus é o seu artilleiro e logra, de forte disparo, bater á meta Jorge. Un novo mazazo para os ourensáns, que comezan a xogar máis co corazón que coa cabeza para tratar de recortar de meterse no partido.
Segunda Autonómica
Vilariño 3-3 Chapela
Choco B 1-3 Lavadores
Nespereira 2-5 Cañiza
Terceira Autonómica
Santomé 2-0 Cesantes
Arcade 4-0 Caroi
Oiense 4-0 At. Vilar
Futbol Sala- Autonómica
O Futbol Sala Redondela perdeu o sábado no pavillón de A Seca, contra Grupo 7a9 Cafyd por 4-2
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará