Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela manifestarase contra a ampliación da AP-9 o sábado 9 de marzo

RR_Noticias

Os colectivos convocantes manterán este sábado día 2 unha xuntanza no Multiusos do Piñeiral do Crego ás 18:30 horas para coordinar a protesta do día nove. Piden aos comerciantes e hostaleiros que se sumen a protesta pechando os seus locais.

Os colectivos de Chapela e Redondela convocantes da protesta lembran que a manifestación de rexeitamento a ampliación da AP-9 prevista para o próximo sábado día 2 de marzo, foi posposta unha semana e se vai celebrar o sábado día 9, as cinco da tarde. Os participantes partirán dende a Alameda de Chapela ata o Alto da Encarnación para continuar pola Avenida de Redondela ata a rotonda de entrada a autopista. Unha vez alí regresaría polo centro da parroquia cara o Pavillón de deportes onde rematará a mobilización coa lectura dun manifesto.
Os convocantes convidan a toda a veciñanza a que se sume a esta mostra de rexeitamento e solicitan aos comerciantes que durante o percorrido pechen os seus locais coma mostra de apoio. Entenden necesarios sumar o maior número de apoios para evitar que se amplíe esta infraestrutura o que suporía, segundo apuntan “un novo estrago para os veciños e o territorio das parroquias de Chapela e Trasmañó”.
Previamente á protesta celebrarán unha asemblea de todos os colectivos veciñais de Chapela, Rande e Cabanas, para falar da ampliación e animar os veciños a participar na manifestación.  O encontro será no multiusos piñeiral do crego as 18:30h este vindeiro sábado día 2.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará