Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Presentación da coordinadora de Anova Redondela

RR_Noticias

A formación política que irrompía con contundencia no parlamento galego logo das eleccións autonómicas do pasado mes de outubro baixo as siglas de AGE (Alternativa Galega de Esquerdas) aspira en Redondela a reconducir o cabreo da sociedade e recuperar a confianza da sociedade civil na política.

Neste camiño están a traballar coa celebración de asembleas que procuran a participación cidadá. O obxectivo da formación é, segundo explicaba o representante de Anova Redondela na coordinadora nacional, Quino Vilas “servir de enlace entre a cidadanía do común e as institucións” motivo polo que fan un chamamento a todos os que o desexen a se achegar ao proxecto tanto a nivel particular como a través dos colectivos veciñais, culturais, comunidades de montes e asociacións para colaborar nese intercambio mutuo. Unha das demandas locais que foi xa recollida polos parlamentarios de AGE é o posicionamento en contra do  proxecto de Fomento que contempla a ampliación da autoestrada AP-9 ao seu paso por Chapela, motivo polo que os deputados de Alternativa Galega de Esquerdas Juan Fajardo, David Fernández e Eva Solla visitaban días atrás esta parroquia e se sumaban ao rexeitamento veciñal ante o grave prexuizo social e ambiental que causaría esta obra. A presentación da coordinadora da que forman parte Mª Xesús Diéguez, Luciano Otero, Quino Vilas, Carmen Varela, Francisco Pérez, Helena Amoedo e Paulo Jablonski será ás 19:00 horas na zona de A Marisma.  

Quino Vilas
Intercambio mútuo cos colectivos sociais
Paulo Jablonski
Apoios ao rexeitamento da Ap-9

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará