Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Polémica polo emprazamento dos plenos

RR_Noticias

PSOE e AER critican a decisión do goberno de Javier Bas de recuperar o emprazamento orixinal das sesión plenarias que nas últimas convocatorias deixaron de celebrarse no Multiusos para volver a Casa do Concello. O BNG avoga porque se celebren no salón de plenos “agás aqueles nos que se prevea a presenza masiva de público”.

Unha das primeiras medidas adoptadas por Javier Bas tras a súa chegada a alcaldía, foi convocar os plenos no auditorio do Multiusos da Xunqueira para facilitar así a presenza de público ante o limitado aforo do salón de pleno do Concello. Con todo, logo de varios meses o goberno do PP decidiu regresar a súa ubicación orixinal. Os argumentos dados polos populares son dous, por unha banda a existencia dun informe da secretaria municipal no que se establece que ese debe ser o lugar no que se realicen os debates da corporación e por outra banda aluden a cuestións de tipo económico, xa que realizar os plenos no Multiusos supuña un gasto extra para as arcas municipais. Uns argumentos que non convencen nin a AER nin ao PSOE, partidos que reclaman que os plenos se trasladen novamente a Xunqueira “xa que esa ubicación favorece a asistencia dos veciños aos debates políticos”. Pola súa banda, dende o BNG amósanse menos belixerantes co tema e avogan porque se celebren no salón de plenos “agás aqueles nos que se prevea a presenza masiva de público”.  

MIguel Alvarez Ballesteros PP
Os populares lembran que un informe da secretaria esteblece que os plenos deben realizarse no Concello
Eduardo Reguera PSOE
O sitio ideal é o audiorio polo seu aforo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará