Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados pola AP-9 chaman aos veciños a saír a rúa contra os plans de Fomento

RR_Noticias

Lembran que o Ministerio ten previsto continuar co proxecto de ampliación da autoestrada porque segundo lle trasladaron ao alcalde “a obra lles sae gratis”. Un custe que socialmente afectará a todo os veciños das zonas por onde pasa a autoestrada e que economicamente terán que asumir todos os usuarios da AP-9 xa que a concesionaria recuperará o investimento da ampliación con subas nas peaxes”

Os participantes na protesta partirán ás 17:00 horas do sábado día 9 dende a Alameda de Chapela ata o Alto da Encarnación para continuar pola Avenida de Redondela ata a rotonda de entrada a autopista. Unha vez alí regresarán polo centro da parroquia cara o Pavillón de deportes onde rematará a mobilización coa lectura dun manifesto. Os convocantes convidan a toda a veciñanza a que se sume a esta mostra de rexeitamento e solicitan aos comerciantes que durante o percorrido pechen os seus locais coma mostra de apoio. Entenden necesarios sumar o maior número de apoios para evitar que se amplíe esta infraestrutura o que suporía, segundo apuntan “un novo estrago para os veciños e o territorio das parroquias de Chapela e Trasmañó”. Confían en que o seguimento sexa masivo, malia o fastío dos veciños logo de anos de protesta, porque nesta ocasión a convocatoria parte do propio Concello logo de recoller unha demanda dos colectivos sociais e veciñais de Chapela. Está confirmada a presenza de representantes da corporación redondelá pero tamén de parlamentarios dos diferentes partidos.  

Roberto Villar afectados AP-9
As asociacións lembran os negativos efectos que a obra terá nos veciños
Presenza parlamentaria
os partidos políticos apoian a protesta

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará