Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela en Curto completa o seu programa con actividades de rúa

RR_Noticias

A novena edición do festival que se vai celebrar entre o 24 e o 28 de abril presenta este ano dúas novidades: a convocatoria dun concurso audiovisual destinado a alumnos de secundaria en colaboración coa Asociación Andaina e a organización de actividades de rúa que animen o centro da vila nos días do festival. A piques de rematar o prazo de recepción de traballos, o vindeiro 20 de marzo, os organizadores esperan superar as 500 curtametraxes.

A tan só unha semana de que remate o prazo de presentación de traballos, o director do Festival Fernando Carreira “Cuchi” estima que esta vai ser unha das edicións con maior participación e que se van superar as 500 curtametraxes. Esto implica un intenso traballo de selección ata quedar con tan so 16 traballos, que son os que entrarán a formar parte da selección oficial e que se poderán ver no Multiusos, optando así aos dous premios que concede a organización. Este ano diminúen o número de curtas que teñen como temática a crise económica pero continúan a predominar os dramas. Iso en canto aos traballos xa visionados, en canto ao cartel, haberá dúas novidades salientables, por unha banda a celebración de actividades de rúa con diferentes espectáculos que buscan unha maior presenza de público tanto en sala como no exterior do Multiusos nos días do festival. Por outra banda, nesta edición haberá un espazo para os máis novos grazas a unha colaboración coa Asociación Andaina. Así, convócase tamén un premio dotado con 500 euros e orientado aos alumnos de secundaria de todo o estado. O obxectivo é que estes rapaces elaboren curtametraxes cuxo argumento xire en torno á discapacidade, facendo fincapé  na integración, na concienciación e na sensibilización sobre a realidade que viven as persoas afectadas e as súas familias. Neste caso a presetnació nde traballos remata o día 30 deste mes.  

Fernando Carreira Cuchi director do Redondela en curto
O festival pecha o prazo o día 20
Actividades de rúa
Haberá espectáculos no exterior do Multiusos
Asociación Andaina
Un concurso paralelo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará