Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco vence ao Pontellas cunha gran remontada

RR_Noticias

O Choco mantense na parte alta da táboa grazas á vitoria diante do Pontellas. Os de Jacobo Montes confirman unha xornada máis a súa liña ascendente ao remontar o encontro con dous goles de Albert e un de Adrián. A pesar de empezar perdendo, o conxunto redondelán mostrouse moi centrado e presionou continuamente ao rival, o que fixo posible darlle avolta ao marcador. Na Segunda Autonómica o Choco B e o Chapela tamén gañaron os seus encontros.
 

Preferente Sur

Choco 3-1 Pontellas
O primeiro golpe do partido encaixouno o propio Choco. Foi na primeira aproximación do Pontellas, unha boa xogada culminada cun preciso tiro cruzado de David ante o que nada puido facer Cortegoso (0-1, min.5). O tanto recibido, lonxe de afundir aos redondelanos, supuxo que estes multiplicasen os seus esforzos na intensa presión exposta desde o inicio, conseguindo asfixiar por completo aos visitantes. Deste xeito, unha recuperación de balón co Pontellas saíndo ao ataque permitiu a Albert igualar o partido cun bo tiro desde a frontal (1-1, min.13). E non tardaría moito máis o Choco en porse por diante no marcador. Foi Albert o que marcou de novo, aínda que nesta ocasión coa inesperada colaboración de Solla, que se comeu unha falta desde 40 metros lanzada polo redondelano (2-1, min.29). O conxunto de Jacobo Montes non se relaxou e mantivo a intensidade da súa presión. Ademais, Adrián Buján aproveitou un descoido da defensa do Pontellas nun saque de banda rápido para plantarse só ante Solla e sentenciar co 3-1 (min.55). A próxima fin de semana xoga no campo do Estradense, situado na parte baixa da táboa.
Segunda Autonómica

Chapela 3-1 A Guía
Os de Chapela conseguiron superar a un dos equipos máis fortes do seu grupo, A Guía. A próxima fin de semana xogan no campo do Nieto, situado na metade da táboa.
Coia 1-3 Choco B
O filial do Choco superou en Vigo ó Coia, e segue achegándose á parte alta da táboa. A próxima xornada recibe en Redondela ó R. Castrelos, da parte baixa da táboa
Sp. Guardés 7-0 Nespereira
O equipo de Pazos encaixa outra goleada, nesta ocasión na Guarda, na casa do líder. O Nespereira só suma 3 puntos nas 25 xornadas que levan disputadas. A próxima xornada recibe ó S.Salvador.
Terceira Autonómica

San Andrés 2-2 Arcade
O Arcade continúa como líder en solitario do seu grupo, logo de empatar no campo do San Andrés. A próxima xornada recibe ó Campañó, o terceiro da táboa.
Cesantes 2-0 Presqueiras
Os redondeláns gañaron sen demasiados apuros ó Presqueiras, o pechacancelas do grupo. Na próxima xornada xogan no campo do At. Estación, un dos equipos da metade alta da táboa.
Santa Eulalia 0-2 At. Vilar
Os redondeláns gañaron a domicilio e xa se sitúan na metade da táboa no seu grupo. Na próxima xornada reciben ó C.Apóstol, o cuarto clasificado.
Futbol Sala- Liga Galega Sur
Redondela 2-1 Mondariz
O F.S. Redondela conseguiu impoñerse a un dos equipos da parte alta da táboa, o Mondariz, con dous goles de Daniel e Jorge Tizón. Un resultado que axuda ós de Julio Mougán a ir escapando dos postos baixos da táboa. A próxima xornada volven xogar na casa e reciben ó Crecente, situado un posto por riba dos redondeláns.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará