Axentes da Policía Local e o Grumir de Redondela tiveron que intervir ás 11:00 horas da mañá de onte para socorrer a unha muller de 82 anos que se tiña caído na súa vivenda producíndose unha posible fractura de cadeira, polo que non podía abrir a porta da vivenda. A muller foi trasladada ao hospital Xeral.
Unha chamada dun familiar alertou á policía local do acontecido. A muller, María G.O. de 82 anos de idade e que reside nunha vivenda unifamiliar no barrio de Angorén en Chapela tiña sufrido unha caída e non podía moverse. Nese momento atopábase soa na súa casa e afortunadamente tiña a man o teléfono móbil, o que lle permitiu poñerse en contacto co seu familiar quen, a súa vez, chamou á Policía Local para que se achegasen a vivenda e abrisen a porta para acceder ao interior.
Ademais dos axentes, achegouse ao lugar unha ambulancia xa que todo apuntaba a que a anciá podía ter sufrido algunha rotura. A muller foi trasladada ao hospital Xeral onde quedou ingresada cunha posible rotura de cadeira.