Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE critica o baleiro de poder na Concellería de cultura e reivindica o convenio interparroquial

RR_Noticias

A renuncia do que fora responsable de cultura e turismo, Alberto Pazos, quen deixou o cargo para centrarse na súa nova etapa como deputado no Parlamento formalizouse o pasado 28 de febreiro. Dende esa data, a Concellería carece dunha “cabeza visible” segundo critican os socialistas motivo polo que instan ao alcalde a “se poñer ao fronte do departamento e xestionar a posta en marcha do Convenio Interparroquial”.

Asegura o socialista Eduardo Reguera que “varios presidentes dos centros e asociacións culturais das parroquias denunciaron ante o PSOE o abandono que sofren por parte do Goberno local no eido da cultura e, máis concretamente, do Convenio Interparroquial”. A isto, súmase o baleiro na dirección desta Concellería, posto que despois do cese de Alberto Pazos aínda non tomou posesión o concelleiro elixido para tal posto.
Lembran que a estas alturas do ano as agrupacións e colectivos culturais de Redondela viñan celebrando con normalidade os actos previstos no citado convenio, pagados na súa totalidade polo Concello. Sen embargo, nestes momentos xa se tiveron que cancelar moitos actos e outros tantos deixaranse de programar pola falta de previsión do goberno do PP. “Nun momento tan difícil como o que vivimos, moitos centros culturais teñen que pagar unhas actuacións que deberían ser sufragadas polo Concello de Redondela ou, nos peores casos, teñen que ser canceladas”, indica Eduardo Reguera.
Temen que aconteza co Convenio Interparroquial o mesmo que co festival de teatro Teatrarte “do que xa non se pensa que se vaia a levar a cabo”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará