O catedrático de Historia e Institucións Económicas na Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, Xoán Carmona Badía subliñou, na súa intervención dentro das I Xonadas sobre o patrimonio industrial que esta fin de semana se celebraron en Redondela, a necesidade de por en valor e conservar o patrimonio industrial existente na Ría de Vigo “xa que a singulariedade destes elementos é o que en gran parte nos identifica”.
Salientou a importancia do patimonio industrial como unha parte máis do patrimonio cultural onde non só hai que conservar os lugares senon tamén as persoas e as súas relacións e, no referente en concreto ao proxecto Meirande, destacou a necesidade de revalorizar o conxunto para atraer así público ao Centro de Interpretación. Un lugar que a xuizo de Carmona pode entrar a formar parte por exemplo dos circuitos turísticos de Europa “revalorizando o papel de Galicia na II Guerra Mundial como fornecedor de wolframio aos alemáns”.