Poden concorrer a esta praza en sistema de oposición libre aquelas persoas que posúan aló menos o título de diplomado en educación social ou atoparse habilitado polo Colexio de Ecuadores Sociais de Galicia. O prazo de presentación de instancias remata o 16 de abril. Toda a información poden atopala os interesados na páxina web do concello http://www.redondela-server.net/web/
Os aspirantes enfrontaranse a unha serie de exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio, o primeiro dos cales consistirá en desenvolver por escrito un tema de carácter xeral determinado polo tribunal. Posteriormente serán convocados para proceder a súa lectura pública e será preciso acadar un mínimo de cinco puntos para superalo.
O segundo dos exercicios consistirá en desenvolver por escrito tres temas elixidos ao chou entre os que conforman a convocatoria e tamén será preciso superar os 5 puntos para continuar optando á praza.
A terceira das probas obrigará aos aspirantes a realizar un suposto práctico relacionado cos contidos do programa e coas funcións propias dos educadores sociais.
O último dos exercicios servirá para avaliar os coñecemento de galego dos aspirantes e consistirá en comentar en galego un texto elixido polo tribunal cun mínimo de 250 palabras. A tradución será lida polo aspirante e valorarase a corrección da tradución e a pronuncia.
Na páxina web do concello de Redondela poden atopar as instancias que hai que presentar antes do 16 de abril así como o temario que deberán dominar os aspirantes.