A corrupción é, segundo as últimas enquisas sociolóxicas, a segunda preocupación dos cidadáns só por detrás do desemprego. Un problema que nos últimos tempos está permanentemente nos medios de comunicación e afecta a todas as institución e poderes. E neste contexto, a Asociación Cultural Alén Nós organiza este mércores ás 20:00 horas a charla “A corrupción sistémica” a cargo do Fiscal superior de Galicia, Carlos Varela.
O titular da Fiscalía galega chega a Redondela para analizar o por que da interminable lista de casos de corrupción protagonizados en moitos casos por cargos políticos, pero tamén para propor alternativas e solucións, De feito, xa ten demandado en numerosas ocasión a necesidade de por en marcha plans de prevención nas administración que poderían evitar casos de corrupción como os investigados nas tramas Pokemon o Campeón. Andrés Laxe, de Alén Nós, define a Varela como un “xuiz valente que sae do despacho e se achega á cidadanía para propoñer solucións e dar alternativas”. O fiscal galeggo está a ser tamén un apoio importante para os afectados polas preferentes, en Redondela máis de 600 persoas, pola súa loita en lograr que os aforradores recuperen os cartos por entender que o 90% dos afectados perderon o seu diñeiro en produtos financeiros nos que investiron sen que se lles informase do alto risco que estaban asumindo.