O PSOE critica que en maio de 2012 o Ministerio adxudicara a realización do proxecto de construción dunha estación de viaxeiros cun presuposto de 108.179 euros sen que ata o de agora os veciños de Chapela conten con dito servizo, Por este motivo solicitan a Fomento que neste ano se leve a cabo a construción do novo apeadeiro. Unha solicitude que contou co apoio de todos os grupos da corporación.
O PSdeG de Redondela levou o Pleno unha moción na que instaba o Partido Popular á inmediata construción do apeadeiro de Chapela, servicio do que carecen os veciños da zona dende o 28 de agosto de 2011 mes no que o tren deixou de circular dende Rande ata a estación de Urzáiz. Os socialistas piden “que se dedique urxentemente o diñeiro necesario para a construción do apeadeiro de Chapela e tamén o adecentamento desa zona. Trátase dunha obra moi importante que, nos tempos de crise nos que vivimos, convértese en vital á hora de facilitar o transporte entre as persoas da parroquia que antes tiñan fácil conexión ferroviaria non só con Vigo, se non con todo o eixo Atlántico”. Engade o socialistas Eduardo Reguera que esta comunicación ferroviaria supón unha clara alternativa para a AP-9. A proposta socialista foi apoiada por todos os grupos quen manifestaron o prioritario de contar cun servicio de proximidade na parroquia. Dende o BNG insistían na necesidade de abordar o tema polo miúdo cando a piques están de rematar as obras do AVE. O obxectivo sería que a vía que vai pola zona baixa da parroquia serva para articular unha rede de proximidade e non quede só como servicio de mercadorías.