Na mesa redonda, que terá lugar o mércores 17 ás 19:00 horas na sede da Asociación Arela organizado pola Concellería da Muller, participarán representantes de partidos políticos, sindicatos e a cooperativa Ardora para analizar a situación do emprego entre as mulleres, sector especialmente sacudido pola crise.
A Concellaría de Servizos Sociais, Muller e Igualdade organiza unha mesa redonda baixo o título “A zsitaución laboral da muller” co obxectivo de visibilizar a situación laboral deste sector da poboación nestes últimos anos, con especial incidencia no momento actual de crise.
Para debater este tema a Mesa estará composta por representantes dos partidos políticos con representación na Corporación municipal, dos sindicatos de CCOO, CIG e UXT e da cooperativa Ardora Formación y Servicios S. Coop. Galega, que explicará a súa propia experiencia e vivencias como cooperativa feminina dende o momento da súa creación ata a actualidade.
A Mesa desenvolverase no local da Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde o vindeiro mércores 17 de abril ás 19.00 horas.