Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carlos Callón: “O obxectivo é facer que os galego-calantes pasen a ser galego-falantes”

RR_Noticias

O filólogo e presidente de A Mesa pola Normalización Linguïstica salientou, durante a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez  “a necesidade de animar a todos aqueles galegos que aman o galego a que dean o paso de falalo”.

O libro, editado por Xerais, ofrece de xeito desenfadado e mediante anécdotas diferentes consellos útiles para todos aqueles que queiran dar o paso de usar o galego e mellorar na súa calidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos, moitas veces, non son de orixe gramatical senón social. Este libro é útil para un público diverso, interesado na lingua galega, desde persoas que queren comezar a falala ata estudantes de calquera nivel ou persoas que desexan mellorala. No transcurso da charla Callón aproveitou para lembrar que un idioma pode ir esmorecendo de xeito radical  pola adopción de políticas lingüísticas e puxo como exemplo o cambio de sinalización nas estradas que nestes días fai que na AP-9 os sinais de “Peaxe” se cambien por outros de “Peaje” ou ben de xeito paulatino por comportamentos individuais froito da presión social que fan que a lingua deixe de estar presente na relación dos máis vellos coas novas xeracións. O acto, organizado polo Servicio de Normalización Lingüística, tivo lugar na Casa da Cultura e está enmarcado dentro das actividades que ten en marcha o servizo e que arrancaron coa celebración xunto coas bibliotecas de Redondela da V semana do libro, consistente nunha exposición multilingüe de libros en todos os idiomas da península que irán percorrendo os centros de ensino secundario do concello. O vindeiro luns, día 22 celebran ademais un concerto presentación do libro-disco María Fumaça co espectáculo Cantaruxa coa bruxa Maruxa orientado exclusivamente a alumnado dos centros de infantil e primaria.  

Carlos Callón autor do libro
Explica os motivos da publicación
Desaparición dunha lingua
Un idioma pode desaparecer de xeito radical ou paulatino

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará