Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía fai os deberes en Pontevedra

RR_Noticias

Os de Fran Teixeira tiveron que sufrir para poder sumar unha vitoria en Pontevedra diante do Cisne. Grazas ó resultado de 33-36 os de Chapela seguen a depender de si mesmos para clasificarse para a fase de ascenso. Na Primeira Autonómica a SAR Plastic Omnium perdeu o último partido diante do Rasoeiro, aínda que o equipo xa estaba matematicamente clasificado para o sector.

Balonmán
Primeira Nacional

Cisne 33-36 Solla&Cía Chapela
O equipo de Fran Teixeira non tiña marxe de erro para manterse con opcións de participar na fase de ascenso, e cumpriron co obxectivo. O Cisne realizou un bo partido pero o Solla&Cía tirou de experiencia para facerse cunha vitoria que lle achega un pouco máis ao play-off de ascenso. A falta dunha xornada ten que gañar na súa pista para asegurarse a pelexa polo ascenso a División de Honra de Prata masculina. Será diante do Cangas.
Primeira Autonómica

SAR 23-25 Rasoeiro
O equipo redondelán, clasificado matematicamente para disputar a fase de ascenso, despediu a segunda fase da liga cunha derrota na bomboneira de Redondela diante do Rasoeiro. Os afeccionados agardan unha melloría e o regreso do seu mellor balonmán para a próxima fase de ascenso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará