Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco mantén as súas opcións de ascenso logo dun empate no campo da Lomba co Arousa

RR_Noticias

O reparto de puntos deixa ós locais fóra da loito polas prazas de cabeza, mentres os de Jacobo Montes manteñen as súas aspiracións a facerse coa segunda praza, que está agora a tres puntos. No derbi local da Segunda Autonómica o filial do Choco impúxose ao Chapela.
 

Preferente Sur
Arousa 1-1 Choco
O Arousa saiu convencido de facerse co partido, con moita mobilidade de Eloy e Hugo. Precisamente o dianteiro foi o autor do tanto nunha gran xogada entre el e Santi que finalizou cun pase do lateral para que o dianteiro, á segunda ocasión, anotase. Tras a continuación, os visitantes adiantaron a defensa e comezaron a roldar a área de Jorge. Iso permitiulles as de Jacobo Montes lograr o empate ao aproveitar Albert un gran centro de Pasu. O resultado deixa ós redondeláns na terceira posición da táboa, a tres puntos do 1º e o 2º clasificado, que son C.Areas e Portonovo. A próxima xornada van recibir en Santa Mariña ó Ribadumia, que ven de gañar ó líder.
Segunda Autonómica

Chapela 0-2 Choco B
O filial do Choco impúxose no derbi local. Desta maneira o Choco B segue nos postos altos da táboa mentres os de Chapela se afunden na metade baixa. Na próxima xornada xóganse o Choco B-San Miguel e o Coruxo-Chapela.
Louro 9-1 Nespereira
O de Pazos seguen como pechacancelas do grupo logo de colleitar unha nova goleada. O próximo domingo reciben ao Gondomar.
Terceira Autonómica

Cesantes 0-5 Bueu
Os de Cesantes perderon por goleada diante dun dos equipos máis fortes do grupo, o Bueu. Na próxima xornada xogarán no campo do Cesantes.
Casablanca 2-1 At. Vilar
Os redondeláns seguen na parte baixa da táboa logo da derrota no campo do Casablanca. O domingo recibirán en Vilar ao Mosende.
Arcade 1-2 Moaña B
Partido moi igualado o disputado en Arcade, no que os locais tiveron máis dominio do xogo pero as ocasións estiveron moi repartidas entre os dous equipos. Finalmente a balanza caeu do lado do filial do Moaña, aínda que os locais mantéñense como líderes do grupo. Na próxima xornada xogan no campo do Vilaboa.
Fútbol Sala- Autonómica Sur

Poio F.S. 3-5 Redondela F.S.
Os de Julio Mougán acumulan cinco xornadas consecutivas sen perder logo de impoñerse no municipal de Poio, e xa ocupan a 9ª praza do grupo. Quedan agora tres xornadas para que os redondeláns aseguren a categoría, e a próxima cita será no pavillón municipal de Redondela diante do Abetos, situado na 11ª posición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará