Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O camiño do Campiño en Cabeiro afúndese por mor das últimas chuvias

RR_Noticias

O PSOE denuncia o perigoso estado desta calzada cunha fenda de entre 25 e 30 metros e instan ao PP a arranxalo canto antes. Aseguran que o goberno local se comprometera cos veciños a construír un muro de contención para evitar o derrube pero que polo de agora non se adoptou ningunha medida ao respecto.

Os veciños trasladaron as súas queixas ao PSOE nunha reunión mantida a pasada semana con diferentes colectivos veciñais e culturais de Cabeiro quen lle fixeron saber o “deplorable e perigoso estado no que se atopa o camiño do Campiño a altura do cruce co camiño do Pío, preto co cemiterio”. Alí, unha brecha de entre 25 e 30 metros que se atopa no lateral da estrada, xunta a un forte desnivel enriba do aparcamento, “supón un grave risco posto que en calquera momento pode virse abaixo”.
O goberno local comprometeuse no Consello Parroquial a construír un muro de contención. Sen embargo dende o PSOE aseguran que ata o de agora o único que se fixo foi colocar unha cinta de obra e uns ferros para impedir que os vehículos pasasen preto do borde. Algo que denuncian “inútil e pouco funcional” posto que os usuarios que queren subir polo camiño do Pío teñen que abrirse para facer a curva, algo imposible con aquela sinalización case no medio do camiño do Campiño.
Engaden que a sinalización xa desapareceu do lugar e coas fortes chuvias deste ano producíronse máis corrementos de terra que acrecentaron aínda máis a fenda, algo oculta pola vexetación pero claramente presente e de gran tamaño. Ademais, ao baixar o nivel de terra do lateral, o gardarraíl afundiuse ata tocar o asfalto e resultaría totalmente inútil no caso de producírense unha colisión, un camiño polo que ademais pasan autobuses escolares e camións do lixo.
Por todo isto, os socialistas instan ao Goberno local a que atenda a petición dos veciños de Cabeiro e solucione esta situación que podería agravarse no caso de que volvan a producirse fortes chuvias.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará