Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A CNMV asume a xestión de Pescanova mentres os sindicatos preparan mobilizacións para maio

RR_Noticias

O xuíz declarou o concurso de acredores e afasta a Manuel Fernández de Sousa e o resto do consello da dirección da empresa. Considera que mantelo na presidencia suporía “evidentes riscos”. Os representantes dos traballadores celebran asembleas en todos os centros de traballo da empresa e convocarán unha manifestación o vindeiro mes de maio. De Pescanova dependen 1.500 empregos directos e 6.000 indirectos.

Os sindicatos ven “acertado” que se apartase a Fernández de Sousa de Pescanova e piden ao novo administrador que se manteñan os postos de traballo. O responsable de Alimentación de CC.OO. Francisco Vilar, agarda que a Comisión Nacional do Mercado de Valores asigne un administrador concursal “canto antes”. En canto á busca de responsabilidades sobre a actual situación da empresa, Vilar entende que o principal obxectivo agora “non é buscar culpables”, senón asegurar a “viabilidade” da compañía e os seus empregos. Diferente é a visión do secretario xeral da CUT, Ricardo Castro, quen pon o foco de atención na “responsabilidade” que se debe esixir ao Consello de Administración, con Fernández de Sousa á cabeza, e tamén as administración públicas “que financiaron proxectos de Pescanova”. O seguinte paso dos sindicatos é celebrar asembleas conxuntas nos diferentes centros de traballo para informar aos empregados da multinacional da situación. As reunións convocaranse nas diferentes plantas da multinacional entre os días 6 e 11 de maio. O obxectivo é explicar aos traballadores cal é a situación da empresa e que medidas de presión ou mobilizacións poden adoptar. As centrais sindicais CC OO, UXT, USO, CUT e CIG pretenden organizar unha gran manifestación conxunta a finais de maio. Mentres os empregados da planta de Chapela atópanse “á espera” de coñecer noticias. Algúns, como Juana, levan máis de 40 anos traballando na factoría. Aínda que polo de agora afirma estar “tranquila” temen que a situación poida derivar nunha suspensión de pagos. Empresarios da zona, como Nando, recoñecen que se finalmente Pescanova bota o peche será “un pau” para Chapela, xa que repercutirá negativamente nos veciños e negocios da zona. Outros veciños, como Mari Carmen, falan con “sorpresa” da actual situación e non se explica como é posible que unha empresa que sempre obtivo beneficios “caia agora en picado”. No auto do xuiz ponse de manifesto que a compañía incumpriu o seu deber de formular as contas de 2012 no prazo indicado e o de presentar os estados financeiros do segundo semestre ante a CNMV. Tamén apunta a existencia de “discrepancias relevantes” entre a documentación enviada coa solicitude do concurso e a que se achegou despois sobre os cambios na participación accionarial do socio maioritario.    

Francisco Vilar CCOO
Para o sindicato o prioriario é garantir a viabilidade da empresa.
Ricardo Castro CUT
O sindicato apunta á responsabilidade do consello de administraión e tamén da Xunta de Galicia.
Juana empregada de Pescanova
Leva 42 anos na empresa e agarda que o traballo continúe.
Nando hostaleiro
Este empresario afirma que se desaparece Pescanova toda Chapela se resentirá.
Mari Carmen veciña
Para os veciños de Chapela foi toda unha sorpresa descubrir a grave situación económica de Pescanova.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará