Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividades lúdicas e educativas no campamento de verán de San Simón

RR_Noticias

O prazo de inscrición para participar no curso de verán que se vai desenvolver nos meses de xullo e agosto en San Simón remata hoxe martes. As persoas interesadas deben presentar as instancias no Concello de Redondela antes das 14:00 horas. A actividade está orientada a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos.

O prezo da matrícula ascende a 140 euros e inclúe aloxamento, actividades e manutención durante a semana que dura o campamento. Os participantes realizarán actividades educativas, lúdicas e deportivas, coordinadas todas elas pola empresa especialista na xestión deportiva Koremi. Actividades que van dende o cultivo dunha horta ao carón do mar, obradoiros de coiro e abalorios, ginkanas temáticas e a elaboración dun blog onde os participantes irán comentando o seu día a día na illa. A responsable do campamento Lorena Reboredo, salientaba o axeitado do lugar para desenvolver este tipo de programas. Os interesados poden inscribirse nunha das catro quendas que se ofertan: do 15 ao 20 de xullo ou en agosto do 12 ao 17, do 19 ao 24 ou do 26 ao 31. A  folla de inscrición para poder participar do campamento débese entregar no Concello de Redondela antes das dúas da tarde de hoxe martes.  

Lorena Reboredo monitora
A responsable do campamento fálanos das actividades que van desenvolver os rapaces
Illa San Simón
Un espacio idóneo para a realización de campamentos con rapaces

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará