Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía xogará o “play-off” en Antequera

RR_Noticias

Ao conxunto de Chapela tocoulle o óso que ninguén quería. Un longo desprazamento ata Málaga e uns rivais moi duros serán os retos aos que terán que enfrontarse os pupilos de Fran Teixeira na fase de ascenso. Para facer fronte ás adversidades encoméndanse á demostrada calidade e capacidade de esforzo do equipo, que ten demostrado estar ao máis alto nivel.

A sede da Real Federación Española de Balonmán celebrouse onte o sorteo dos grupos para disputar a Fase de Ascenso á División de Prata. En Antequera xogarán, ademais do Solla&Cía Chapela e os anfitrións Meridiano Antequera, o KH7 Granollers e Dominicos Zaragoza. O outro grupo xogará en Soria coa participación de MMT Zamora, Aranga Soria, H. Bordils e Servigroup Benidorm. O Antequera era o rival que ninguén quería xa que sobre o papel é o conxunto máis forte logo de descender da Liga Asobal pola súa situación económica. O Granollers, un filial, tamén é un rival de máxima categoría, e conta con xogadores que participaron durante a tempada nalgún encontro de Asobal, mentres o Dominicos semella o contrincante máis feble. O adestrador do Solla&Cía Chapela, Fran Teixeira, asume que lles tocou a sede “máis complicada”, non só pola calidade dos rivais senón tamén polo longo desprazamento que están obrigados a facer. A iso hai que sumarlle as condicións meteorolóxicas desta localidade malagueña. Os días 10, 11 e 12 de maio, datas nas que se disputa o “play-off” adoitan rexistrarse altas temperaturas, o que para Teixeira é “un problema engadido”. Con todo o técnico evita queixarse, un recurso “de perdedores” e confía na calidade dos seus xogadores para “dar a batalla” en Antequera, como veñen facendo os últimos catro anos nos que se clasificaron para a fase de ascenso. Os oito equipos que participan nos dous sectores disputaranse as cinco prazas que outorgan o ascenso á segunda categoría do balonmán español. Os dous mellores conxuntos clasificados conseguirán o ascenso, e logo xogarán a fase final os días 25 e 26 de maio para determinar o Campión de España. O mellor terceiro subirá de categoría e porá fin á súa tempada.  

Fran Teixeira adestrador
O técnico recoñece que é un sector moi difícil pero confía na calidade do seu equipo.
Obxectivo cumprido
O Solla&Cía Chapela conseguiu clasificarse por cuarto ano consecutivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará