Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reivindica a figura de Alejandro Otero

RR_Noticias

O médico e político redondelán será homenaxeado durante o 2013 logo de ser elixido persoeiro do ano no pleno de onte. Cultura realizará agora un programa de co gallo de divulgar a vida e obra de Alejandro Otero. Unha sesión na que tamén se aprobou solicitar a declaración de “Festa de interese turístico” para a Festa do Choco.

Non houbo unanimidade á hora de elixir a Alejandro Otero como persoeiro do ano xa que non contou co apoio do BNG. Con todo os nacionalistas quixeron deixar claro que  a súa abstención neste punto debíase exclusivamente ao procedemento seguido na elección do persoeiro e non a que Alejandro Otero carecese de méritos para ser a persoa electa. Cecilia Pérez facía fincapé en que o proceso de selección debía terse feito con maior discreción, sen ter feito público quen eran os outros candidatos, nesta ocasións Rita Regojo e Ernestina Otero porque “parece que ao nomear a un se desmerecen os méritos dos non elixidos. PP e PSOE salientaron que Alejandro Otero é “unha figura a reivindicar” porque é un gran descoñecido entre a mairo parte da veciñanza malia as súas importantes achegas que no ámbito cultural, científico e filantrópico. Destacaron tamén que neste ano se conmemora o 125 aniversario do nacemento do médico e político socialista, un nacemento que tivera lugar o 14 de decembro de 1888 na casa familiar paterna que se atopa na actual rúa Reveriano Soutullo. Entre outros méritos, Alejandro Otero foi un destacado médico, sendo o responsable de introducir o uso de luvas de goma para operar, e docente como catedrático de xinecoloxía e obstetricia chegando a ser nomeado rector da Universidade de Granada. A esto hai que engadir a súa destacada labor política, sendo elixido concelleiro en Granada nas eleccións municipais de 1931. Os promotores da candidatura fan fincapé na íntima relación que durante a súa vida sempre mantivo Alejandro Otero con Redondela, incluso dende o seu exilio en México. De feito, os seus restos mortais repousan no cemiterio de Os Eidos en Redondela, no panteón familiar.  

Julio Alonso edil de Cultura
O Concelleiro salienta a figura de Alejandro Otero
Eduardo Reguera PSOE
Fala das diferentes facetas do persoeiro elixido
Cecilia Pérez BNG
As críticas foron cara o procedemento seguido na elección

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará