Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Monicreques, cine e fotografías na 14 edición do Festival Internacional de Títeres

RR_Noticias

Dende o 14 ao 19 de maio terán lugar en distintos espazos da vila máis de 70 representacións dos 25 espectáculos que compoñen o programa deste ano
A organización confía en que sexan máis de 35.000 os espectadores que se acheguen ao festival que acollerá compañías de Francia, Chile e Italia, e Andalucía, Cataluña, Madrid e Galicia, entre outras.

Un ano máis as rúas, prazas e xardíns da Redondela converteranse en escenarios improvisados para os artistas, músicos e titiriteiros que encherán a vila no marco do Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo). Do
14 ao 19 de maio celebraranse ao redor de 70 representacións dos máis de 25 espectáculos que forman parte desta nova edición.

A organización do evento, compartida pola Asociación Xente Titiriteira e a Concellería de Cultura de Redondela, mantén a vocación internacional do Festival, presentando nesta ocasión os traballos e espectáculos de compañías profesionais de Francia, Chile e Italia, e Andalucía, Cataluña, Madrid e Galicia (entre outras). Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e un feixe de sorpresas.
Programación escolar
Os cativos de 4 a 12 anos poderán participar das funcións escolares dende o martes 14 ata o xoves 16 de maio. Neste período, máis de 1.500 cativos pasarán polo teatro para gozar das 6 representacións exclusivas para centros de ensino. Xa na fin de semana, as avenidas e prazas da vila encheranse de público desexoso de ver teatro de marionetas nas representacións ao aire libre programadas de venres a domingo nos distintos espazos de Redondela.
Durante os seis días de duración o Multiusos da Xunqueira albergará a programación de sala, con funcións de monicreques destinadas a un público algo máis crecidiño. As entradas para estes espectáculos será de 3€ neno e 5€ adulto.
A programación neste espazo complementarase coa proxección do documental “Morreu o demo, acabou a peseta” o martes 14, e a exposición ‘Olladas dun Festival’, de Rafa Estévez e Cal-3 .
 
 
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará