Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Final feliz para unha familia de parrulos grazas á intervención da Policía e o Grumir

RR_Noticias

Axentes da Policía Local e o servizo de Protección Civil de Redondela participaron na mañá de onte nunha intervención fora do habitual. O obxectivo era levar sans e salvos a unha familia de parrulos -unha nai e 11 crías- que tiñan aniñado nun balcón na rúa Ernestina Otero ata o río Alvedosa.

Unha chamada á Policía Local alertaba na mañá de onte das dificultades que unha parrula e máis as súas crías tiñan para baixar dende un balcón dun edificio na rúa Ernestina Otero ata o leito do río. Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Policía e de Protección Civil xa que era necesario subir ao balcón para baixar a unha das crías que non era quen de saltar ata a estrada. Unha vez no lugar un membro do Grumir subiu cunha escaleira ata o balcón onde tiñan aniñado para baixar ao animal, que foi conducido, xunto co resto da familia ata o río.
A “mamá parrula” tiña feito o seu niño no balcón dun dos pisos dun edificio próximo ao Centro Recreativo que se atopa deshabitado. O problema apareceu cando unha vez nacidas as crías, a familia ao completo tentou desprazarse cara o Alvedosa, tendo que salvar primeiramente a altura que separaba o balcón do chan, para despois cruzar a rúa e baixar ata o leito do río. Un longo camiño que finalmente lograron salvar coa axuda dos axentes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará